|
|
Para el buen funcionamiento de los foros, rogamos que los anuncios se refieran única y exclusivamente al mundo de la motocicleta, y que los mismos sean insertados en el apartado que le corresponde, de lo contrario, se procederá a anularlos. |
Queridos socios e amigos: Benvidos á primeira Scooterada Compostelana. O ScooterClubCompostela convídavos a unha xornada de lecer coas vosas motocicletas. O vindeiro Domingo, 29 de Maio, ás 10:00 da mañá concentrarémonos na praza do Obradoiro así que compre que teñades os vosos vehículos a punto e depósitos cheos de carburante para evitar situacións desagradables durante a marcha. Sabede tamén que para este tipo de imprevistos acompañaranos un vehículo de apoio. O itinerario é o seguinte: 10:45 Saída para facer unha panorámica pola cidade. 11:45 Saída da cidade cara o alto do Monte Pedroso. Foto de grupo 12:30 Pincho repoñedor na Granxa do Xesto. 13:30 Ruta cara a Trazo percorrendo os seguintes puntos: · Figueiras · Brañas de Brins · A Peregrina · Ponte Albar · Chaian-Trazo 15:00 Xantar en Casa Rosinda. 18:00 Gran GinKana Slálom. Entrega de agasallos e trofeos. 19:30 Fin da Xornada. O importe da inscrición é de 25 Euros por persoa. Poderase facer efectivo o mesmo día da Scooterada nunha mesa habilitada para tal fin na praza do Obradoiro. Recordarvos que estamos a vosa enteira disposición para resolver calquera tipo de dúbida nos teléfonos 680 422 853 (Baldomero), e no 629 932 329 (Pablo Nogueira) , na nosa páxina web www.motoclubcompostela.com (no apartado do ScooterClub) ou na sede do motoclube (porta nº 10 estadio de San Lázaro) tódolos xoves a partir das 21:00 horas. Unha aperta e sabede que contamos con todos vos.
|
|