|
|
Para el buen funcionamiento de los foros, rogamos que los anuncios se refieran única y exclusivamente al mundo de la motocicleta, y que los mismos sean insertados en el apartado que le corresponde, de lo contrario, se procederá a anularlos. |
O pasado Domingo 20 de Marzo amencía treboento e ameazaba choiva, pero non foi impedimento para que sete valentes socios do SCC puxesen rumbo a Viana do Castelo, alí agochados nun bar e refuxioados do vento e da choiva agardabannos os nosos amigos “Os Despistas do Norte” moi ben presididos por Vasco Rodrigues que é un exemplo de hospitalidade e un anfitrión coma sen dúbida son tódolos seus compatriotas portugueses. Nós como sempre, retrasamos a saída, así que é ben certo eso de que en España funcionamos máis lentos ou quizás temos os bioritmos confundidos. A viaxe a Ponte da Lima viuse mermada pola choiva pero nos fuxiu os nosos ollos a beleza da paraxe e a pesar das inclemenzas do tempo non houbo que lamentar ningunha avería nos nosos trastos. As 14:30 hora portuguesa estabamos sentados nun peculiar restaurante da localidade portuguesa para degustar o sonado “Arroz con Sangue”, acompañado dunha bandexas de carne moi semellantes ó Cocido Galego, só que a maiores da costela engádeselle Morcilla, Lomo y uns chourizos frescos. O arroz sériese caldoso en sangue de porco, todo isto regado por un viño maduro ben sabroso. Paga a pena probalo. Co bandullo cheo, dispuxémonos a voltar a Viana e despedimonos dos nosos irmáns, non sin antes convidalos a I Scooterada Compostelán que como todos xa sabedes celebrarase o vindeiro 29 de Marzo. Xa en Viana cargámolos cacharros nos remoques e puxémonos rumbo a Valença do Miño para tomar un refrigerio. A nosa sorpresa foi o chegar a Santiago ver publicado unha reportaxe moi interesante sobre o SCC e algúns dos seus membros. Así que felicidades a Dolores Chaves “Lola” (la abuelita de Texexe) pola súa tolerancia, a Luis Lamas por ter tanta paciencia, tanto aguante e por deleitarnos coas súas carreiriñas. A Ricardo Ameneiro por poñer sempre, e a pesar das circunstancias, unha nota de humor na viaxe. A Ricardo “O Caldudas” que sendo o máis novel dos scooteristas está colaborando e integrandose como se levase vinte anos entre nós. A Agustín Abalde que a súa vitalidade sempre nos agrada e ademais está facendo esforzos sobrehumanos por poñer a punto as súas maquinas. A Lorena Catoira por cuidar de todos nós como coida dos seus alumnos de tres anos. PRÓXIMA
SAÍDA: PICNIC CAMPESTRE DATA:
POR CONCRETAR ITINERARIO:
POR CONCRETAR
|
|