Dejamé tu opinión sobre el castillo en mi libro de visitas.   

 Estadio de San Lázaro, puerta 10-1º - 15702 SANTIAGO DE COMPOSTELA - España  

                                                                                                                                                                                                        

 

Principal

                                        

          

                             

    O pasado Domingo 20 de Marzo amencía treboento e ameazaba choiva, pero non foi impedimento para que sete valentes socios do SCC puxesen rumbo a Viana do Castelo, alí agochados nun bar e refuxioados do vento e da choiva agardabannos os nosos amigos “Os Despistas do Norte” moi ben presididos por Vasco Rodrigues que é un exemplo de hospitalidade e un anfitrión coma sen dúbida son tódolos seus compatriotas portugueses. Nós como sempre, retrasamos a saída, así que é ben certo eso de que en España funcionamos máis lentos ou quizás temos os bioritmos confundidos.

   A viaxe a Ponte da Lima viuse mermada pola choiva pero nos fuxiu os nosos ollos a beleza da paraxe e a pesar das inclemenzas do tempo non houbo que lamentar ningunha avería nos nosos trastos. As 14:30 hora portuguesa estabamos sentados nun peculiar restaurante da localidade portuguesa para degustar o sonado “Arroz con Sangue”, acompañado dunha bandexas de carne moi semellantes ó Cocido Galego, só que a maiores da costela engádeselle Morcilla, Lomo y uns chourizos frescos. O arroz sériese caldoso en sangue de porco, todo isto regado por un viño maduro ben sabroso. Paga a pena probalo.

   Co bandullo cheo, dispuxémonos a voltar a Viana e despedimonos dos nosos irmáns, non sin antes convidalos a I Scooterada Compostelán que como todos xa sabedes celebrarase o vindeiro 29 de Marzo.

   Xa en Viana cargámolos cacharros nos remoques e puxémonos rumbo a Valença do Miño para tomar un refrigerio. A nosa sorpresa foi  o chegar a Santiago ver publicado unha reportaxe moi interesante sobre o SCC e algúns dos seus membros.

   Así que felicidades a Dolores Chaves “Lola” (la abuelita de Texexe) pola súa tolerancia, a Luis Lamas por ter tanta paciencia, tanto aguante e por deleitarnos coas súas carreiriñas. A Ricardo Ameneiro por poñer sempre, e a pesar das circunstancias, unha nota de humor na viaxe. A Ricardo “O Caldudas” que sendo o máis novel dos scooteristas está colaborando e integrandose como se levase vinte anos entre nós. A Agustín Abalde que a súa vitalidade sempre nos agrada e ademais está facendo esforzos sobrehumanos por poñer a punto as súas maquinas. A Lorena Catoira por cuidar de todos nós como coida dos seus alumnos de tres anos.

PRÓXIMA SAÍDA: PICNIC CAMPESTRE

DATA: POR CONCRETAR

ITINERARIO: POR CONCRETAR


  Última modificación: 09 de marzo de 2006