BENVIDOS O NOSO SITE
Benvidos á web dun dos motoclubes máis antigo de Galicia, fundado en Santiago de Compostela no ano 1953, organizador, entre outros eventos, da Ruta Rosaliana de Motocicletas Antigas, Concentración Mototurística Pelegríns, Scooterada Compostelana, así como probas do campionato galego de clásicas e scooters.
Campionato Galego de Clásicas
Saídas e excursións do clube
Se estás farto de facer kms., só, se non queres aburrirte e prefires ter compañía nas túas escapadas, únete a nós. Todos os sábados do ano (se o tempo o permite), saímos de excursión, se queres máis información, podes visitarnos na sede do noso club, no Estadio Municipal de San Lázaro, porta 10-1ª planta de Santiago de Compostela, onde nos encontrarás todos os xoves (non festivos) de 20:30 a 22:00 horas, ou se prefires mándanos un correo eléctronico para contactar connosco.
Estadio Municipal de San Lázaro, porta 10-1º
15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
NIF.: G15122211
motocompostela@gmail.com
Estadio Municipal de San Lázaro, porta 10-1º
15705 Santiago de Compostela (A Coruña)
NIF.: G15122211
motocompostela@gmail.com
Pilotos de Clásicas do clube
Agustín Abalde Grela
Alberto García Fandiño
Constantino Soliño Sotelo
Baldomero Recouso
Rolando César Guldris
Se quere buscar aloxamento en Santiago de Compostela, aquí poderá encontrar
hoteis"
Como circular nas rotondas
Haber se é desta
Normativa de cascos RFME 2010
Marcas de Aprobación Internacional recoñecidas - Normativa FIM.
CONSTANTINO SOLIÑO SOTELO
O piloto do noso motoclube, CONSTANTINO SOLIÑO SOTELO, Clasificado do Campionato Galego de Scooter Clásico, na categoría de 125 cc.
Retro Galicia 2012
Tras o recoñecido éxito alcanzado na súa primeira edición, Retro Galicia celebrará a súa segunda convocatoria entre os próximos 17 ao 19 de febreiro de 2012 no Recinto Feiral de Amio en Santiago de Compostela. A elección da capital de Galicia como sede deste evento foi fundamental para alcanzar o éxito tanto na calidade dos expositores, coma na sorprendente cantidade de afeccionados e profesionais que de todo o noroeste peninsular visitaron Retro Galicia.
Antonio Maeso TT 2012 Racing Team
Antonio Maeso, o piloto de motos español máis rápido na historia do Tourist Trophy, chega a Galicia da man dun puñado de afeccionados galegos ás Road Races, para que, a través dunha mini xira, poida recadar fondos para facer realidade o seu sono de vencer o TT da Illa de Man.