O Scooterclub Compostela
nace a partir dun vello soño que se chamou Vespaclub
Compostela. O motivo do cambio de nome é que camiñamos
da man dos nosos colegas os lambretistas.
Somos un conxunto de amantes incondicionais das Vespas e Lambrettas
clásicas e queremos recuperar aquel antigo concepto de turismo gastronómico-colectivo
que fixo tan felices os nosos pais e avós. Como todos sabedes
estas motocicletas son lentas pero duradeiras. Estas son as mesmas bases nas que
queremos asentar o noso club.¿Quén de vós
esqueceu ese estraño olor a mestura de aceite e gasolina? Pois agora é o
momento de recuperalo e sobre as nosas cafeteiras percorrer de cabo a rabo a
xeografía do noso país.
Este
é un concepto moi romántico que está cheo de fantasía e boas intencións, así
que se tes un corazón intrépido e aventureiro, enrólate connosco nesta causa.
Máis ventaxas teremos cantos máis socios/ás
sexamos. E falando de vantaxes estamos a traballar para que os nosos socios/ás
gocen dunha serie de privilexios, como poden ser descontos nos talleres unidos a
esta causa, regalos para os inscritos, calendario con ampla información sobre
todos os eventos, etc.
Tamén
e a pesar do noso amor polos tempos pasados,
estamos a crear unha páxina web onde os nosos
amigos poidan ter información de todolos acontecementos e nós teñamos a
oportunidade de darnos a coñecer. Aquí haberá ocasión de crear un mercado
onde poderemos intercambiar pezas, vender ou comprar motos... Así mesmo e
sabendo da dificultade de atopar pezas
descatalogadas, estamos a facer un importante labor de documentación sobre
provedores de todo o material necesario para os nosos cacharros.
Debemos aclarar que o Scooterclub Compostela
é unha sección dentro do apartado de motos clásicas dun club sobradamente coñecido
como é o motoclub Compostela que, moi amablemente,
e facendo honra do seu amor polas motocicletas abriuse ás nosas propostas e
polo tanto queremos expresarlle a nosa máis sincera gratitude.
Outro
obxectivo que nos marcamos é o de recuperar as famosas ginkanas
e premiar así as destrezas dos nosos hábiles pilotos.
Un
saúdo e benvidos.
